Friday 17 de May de 2024

Tania Gándara proclámase subcampioa de España sénior no Campionato de Clubs 2016


A taekwondista ordense Tania Gándara Suárez vén de proclamarse recentemente en Alacante subcampioa sénior de España no Campionato de Clubs 2016. Outro logro importante a engadir no palmarés desta integrante do club de taekwondo Boudsport, que en conxunto sumou tres medallas ao acadar Carla Diéguez e Sara Gacio cadanseus bronces na categoría cadete.